María Rey, Marga Soliño e Lucía Montoto encabezarán a candidatura de Espazo Común para as vindeiras eleccións municipais.
María Rey manifesta que o compromiso coa Igualdade e o Feminismo non ten nada que ver con que a lista estea encabezada por tres mulleres, é unha decisión adoptada polos integrantes do partido por diversas razóns, todas elas políticas.
Por suposto que cremos firmemente en que a loita feminista ten que manifestarse cada día das nosas vidas; un feminismo baseado na igualdade de dereitos, pero non na discriminación positiva en favor da muller.
A igualdade ben entendida nunha lista electoral baséase na meritocracia, baséase na valía das persoas, pero non nunha cuestión de xénero. Non é poñer a unha muller polo feito de selo nunha lista electoral de número dous para cumprir coa lei. Cando apliquemos ese razoamento deixaremos a un lado a desigualdade.
María Rey maniféstase orgullosa dás súas compañeiras, loitadoras, emprendedoras, rebeldes convencidas, con sentido común e ganas de traballar. Iso é o que precisa Pontevedra e iso é o que ten Espazo Común.

