O NOSO PROGRAMA

Coñece as principais propostas de Espazo Común para mellorar Pontevedra e as súas parroquias.

Deportes

Queremos actividades deportivas que non deixen atrás a ninguén, polo que propoñemos:

1. Incremento de 300.000€ a 1.000.000€ na contía de reparto ao deporte.

2. Mantemento do proxecto Cidade Deportiva de A Parda.

3. Incremento das instalacións deportivas para os clubes.

4. Instalacións deportivas ao aire libre e cubertas para disfrute da cidadanía.

5. Transporte público que conecte as instalacións deportivas coa cidade, os barrios periféricos e o rural.

6. Organización de eventos deportivos para deporte base.

7. Plan de fomento do deporte escolar -ligas escolares- en colaboración cos clubes interesados.

8. Traballar coa Xunta, a Deputación e o Consello Superior de Deportes para dotar ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva dunha pista de atletismo cuberta.

9. Creación do Consello Local de Deportes.

10. Potenciar os recoñecementos médicos para deportistas de base.

11. Desenvolvemento de actividades deportivas no medio rural.

12. Creación dun skate park e zona de patinaxe.

13. Creación de circuítos cardiovasculares.

14. Creación de parques deportivos para maiores e nenos e actividades específicas para persoas maiores.

15. Creación de oficinas para os clubes deportivos.


Rural

Imos achegar os servizos públicos a tódalas parroquias:

1. Saneamento e alcantarillado.

2. Instalación da rede de auga.

3. Asfaltado da rede viaria.

4. Limpeza viaria e das pistas municipais.

5. Substitución e mellora de colectores de lixo.

6. Transporte urbano que comunique as parroquias co centro, cos Centros de Saúde e os puntos principais para a veciñanza.

7. Alumeado público.

8. Xestión para a implantación e mellora de internet (fibra).

9. Mantemento das fontes de titularidade municipal.

10. Creación ou mellora de sendas que unan as parroquias co centro urbano para ir camiñando ou en bicicleta, coa correspondente sinalética.


Servizos Sociais

Nin unha persoa sen atender ou sen escoitar:

1. Clases extraescolares de reforzo escolar para os cativos das familias sen recursos.

2. Ampliación e reorganización do persoal de Servizos Sociais.

3. Apoio ás entidades que alimentan ás persoas que máis o precisan.

4. Creación dunha Oficina de axuda ás persoas inmigrantes para axilizar a burocracia, reunindo ás asociacións que se dedican a esta labor.

5. Conciliación laboral e familiar para aquelas familias que non poidan pagar servizos privados.

6. Creación da Comisión de inclusión social.

7. Ampliación das axudas de emerxencia.

8. Posta en marcha dunha Casa de acollida para urxencias puntuais.

9. Programas activos de busca de emprego a través de compromisos coas empresas adxudicatarias de licitacións municipais.

10. Aumento das bolsas escolares de comedor.


Igualdade

Crearemos a Oficina de Igualdade. De Igualdade real:

1. Posta en marcha de Programas de conciliación da vida laboral e familiar.

2. Reorganización e ampliación do Centro de Información á Muller (CIM).

3. Posta en marcha dun piso de acollida para vítimas de maltrato.

4. Creación dun Servizo de mediación para pais e adolescentes.

5. Organización dunha reunión de adolescentes para escoitar e dar saída ás súas problemáticas.

6. Creación dunha Oficina específica de xénero, que simplifique a burocracia que ten que sufrir o colectivo Trans e lles proporcione asesoramento.